TERRAS DE LOUREDO
NACE UNHA NOVA REVISTA CULTURAL DE HISTORIA E PATRIMONIO
Nace Terras de Louredo
Terras de Louredo nace para compartir e poñer en valor a historia e o patrimonio —material e inmaterial— do noso territorio. Queremos que cada lector poida achegarse ao pasado da súa terra e reforzar ese vínculo íntimo que nos une ao lugar do que vimos.
Cremos que coñecer a propia identidade é unha guía silenciosa que nos axuda a avanzar xuntos cara ao futuro. Por iso traballamos para crear conciencia social e contribuír á conservación do patrimonio local, para que chegue vivo ás xeracións que aínda están por vir.
Neste portal recuperaremos nomes esquecidos, visitaremos xacementos cheos de memoria, evocaremos vidas recentes, mergullarémonos en lendas que esmorecen e descubriremos, con mirada renovada, os monumentos máis senlleiros da contorna.
Terras de Louredo é un proxecto común da Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Toén e á Asociación Porta da Cadea de Sobrado (Barbadás), que está aberto a persoas e colectivos de calquera lugar, porque a historia non entende de fronteiras. Agardamos que gocedes desta viaxe tanto como nós gozamos contándoa.
Novas
- 24/11/2025
- Novas
Inauguración Panel interpretativo en Puga
Esta mañá quedou inaugurado na Carballeira de Puga o segundo panel interpretativo da serie “Lugares con Historia”. Nesta ocasión, o contido está dedicado a unha das actividades máis destacadas...
Ler máis
- 21/11/2025
- Novas
Novo panel Interpretativo sobre o Brazalete de Toén
O pasado mércores 19 de novembro de 2025, quedou inaugurado o primeiro dos dous paneis interpretativos “Lugares con Historia” que a Asociación porá neste 2025 no concello de Toén....
Ler máis
Últimos Artígos
- 27/11/2025
- Arqueoloxía
Aparece un Ara Romana en Toén
- 19/11/2025
- Historia
Un Marqués en Mugares
Participa ou colabora
Terras de Louredo medra grazas ás historias que compartimos entre todos/as.
Se tes lembranzas, fotos antigas, curiosidades ou información sobre a nosa historia e patrimonio, queremos escoitarte.
Cada achega conta e axúdanos a reconstruír e valorizar o que somos. Únete e colabora connosco.